O GROVE (I) Por: Javier Fernández Soutullo

Entre os mil areais, que se tenden ó sol, recibindo o bico das ondas; as nosas rúas; o porto; a lonxa e os bosques; as nosas costas bañadas polo océano Atlántico que rodea as dúas parroquias de San Martiño e San Vicente de O Grove; . . .

puerto del grove

. . . Nas colleitas, a vendima, a esfolla do millo e tamén no noso xeito de vivir, de cantar e dicir das nosas xentes, tan vivaz e floreado, . . .


. . . Poucas veces se lle deu a unhas xentes unha terra máis adecuada para vivir. O grovense e O Grove, fixéronse mutuamente e notase en nós a profunda pegada da nosa terra e así mesmo en O Grove a de quen desde tempos inmemoriais o habitan.
Un bosque, un muíño, unha igrexa, unha fonte, todo está en harmonía e equilibrio co máis arraigado da nosa historia.
Cunha dignidade especial, temos dereito á prosperidade e, ademais, á riqueza e ó desenrolo da nosa cultura.

Queda nestas liñas unha mirada atrás no transcorrer dos séculos. Desde os inicios da presencia humana nas nosas terras, esta, foi e é para as xentes que aquí se estableceron un lugar forxado no traballo e na loita continua de pobos e asentamentos.

Estes reflicten uns principios Centro – Europeos, Celtas, Visigodos, Suevos, Romanos, Musulmáns, etc. Todos deixaron marcada a súa presencia con importantes xacementos como os de Cantodorxo, Adro – Vello, A Lanzada, Siradella, O Castriño, Ardia , etc.

Sendo O Grove sempre lugar privilexiado para os asentamentos de xentes e culturas, recibidos no noso solo durante séculos.

Xeralmente a antiga Illa de O Grove ( o primeiro mapa reflicte a súa peninsularidade en 1784 ), hoxe unida a terra polo istmo de o Bao, de constitución dunar areosa.


Foi sempre posición estratéxica para a defensa e dominio da comarca e da ría de Arousa. As súas riquezas naturais fan de o Grove un lugar cobizado durante séculos, as xentes mariñeiras e campesiñas, hai que antepoñer os asaltos, loitas e saqueos que O Grove sufriu durante séculos por defender un lugar que aínda hoxe é un dos máis belos da costa noroccidental de España.


Hoxe vila mariñeira por excelencia, pioneira na industria mexilloeira, senta as súas bases socio-económicas no mar e no turismo. Onde a tradición e o moderno se da a man nas súas rúas e xentes, deste xeito se reflicte o sabor mariñeiro e humano da súa poboación, verdadeiro sentir da terra de O Meco.